04 diciembre, 2006

Nuestro folleto informativo

Aquí os muestro el folleto informativo que estamos repartiendo a los ciudadanos de Vigo cada vez que tenemos ocasión. Mas adelante ampliaremos y explicaremos lo que dice y quiere decir:

PLAN XERAL = PLAN ILEGAL

Cidadáns de Vigo:

Vigo precisa un PXOM, pero non iste:

Os datos do Instituto Galego de Estadística prevén 36.000 novos habitantes para os próximos 25 anos. Hai 18.000 pisos baleiros en Vigo, que acollerían a eses habitantes. Queren construír 138.000 novas vivendas, suficientes para 276.000 novos habitantes, case que o dobre da poboación actual. ¿POR QUÉ?. ¿Dónde está a depuradora para toda esa xente?. ¿Por qué a Ronda non termina en Nigrán, e queda como un inmenso aparcadoiro soterrando centos de vivendas para nada?

Para isto, queren tirar 15.000 vivendas nas que habitamos xente a que lle custou moito telas, algúns tivémolas que facer co as nosas mans, e agora os políticos-promotores-asoballadores quérenolas tirar e botarnos a rúa. Só teñen que compran o 51% da superficie do APR e o Concello encárgase de expropiar o resto, como xa se viu no Ferrol. ¡QUÉ DOADO O TEÑEN!

Agora veñen as eleccións, e preguntámosche:

¿Vas a votar os especuladores ou a quen defenda a Xustiza Social?
¿Vas a votar os promotores do “ladrilliño, éncheme o petiño” ou a quen se preocupe do verdadeiro desenrolo de Vigo?
¿Votarás a quen quere arranxar sentencias de derribo firmes recalificando o chan?. Pensa ben o ten voto, mañá pódeche tocar a ti.

OS POLITICOS QUE APROBAN PLANS ILEGÁIS VERÁNSE NOS TRIBUNAIS.

OS COLECTIVOS DE AFECTADOS DE SÁRDOMA, A SALGUEIRA, E OUTROS MÁIS, ESTAMOS EN LOITA CONTRA A INXUSTIZA, NON CONTRA O DESENROLO DE VIGO.

Infórmate en http://sardomaenloita.blogspot.com