2. ESTUDIO DE SOSTIBILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO
O art..61.1 c) da LOUGA inclúe como determinación obrigatoria o feito de incluír no Plan Xeral a realización dun Estudio de Sostibilidade Ambiental Impacto Territorial y Paisaxístico o cal, a raíz do indicado no apartado 4º de dicho artigo, debe ter por obxecto:
“O análise e ponderación dos efectos da execución e desenvolvemento das determinacións do Plan Xeral sobre os recursos naturais e o medio físico, a adopción das medidas correctoras necesarias para minimiza-los seus impactos, a valoración da adecuación das infraestructuras e servicios necesarios para garanti-los novos desenvolvementos en condicións de calidade e sostibilidade ambiental,a valoración da coherencia do Plan cos obxectivos de protección do dominio público natural.
O documento elaborado deberá incluí-la correspondente ficha resumo das afeccións que puidesen incidir en cada un dos recursos naturais e bens que se van protexer, o catálogo das medidas correctoras, se é o caso, e a xustificación da implantación das novas infraestructuras e servicios urbanos.”
No Estudio de Sostibilidade Ambiental, Impacto Territorial e Paisaxístico no apartado 6.6 Análise da incidencia ambiental da Ronda de Vigo e os principais enlaces, enumera os:
A) obxectivos do trazado desta vía:
1.-articulación dun territorio parcialmente colmatado.
2.-actuación viaria integrada nas operacións de transformación urbanística.
3.- viario distribuidor que complemente o actual de penetración á trama consolidada.
4.-xeración dun viario humanizado de alta capacidade que resolva os problemas de mobilidade
B) Aspectos ambientais na fase de deseño da traza para minorizar a afección do territorio:
1.-insertada sobre o terreo, sen xerar excesivos desmontes ou terrapléns.
2.-a resolución con viaductos cando se produzan diverxencias entre as rasantes.
3.- inclusión de 3 falsos túneles na Madroa, Monte da Xerra e en Matamá
Sen embargo no plano da Serie 0, Usos – Estructura Xeral e Orgánica do Territorio, folla nº1, escala1/15.000 aprécianse 3 túneles en zonas distintas dos que di no Estudio de Sostibilidade Ambiental, Impacto Territorial e Paisaxístico no apartado 6.6 Análise da incidencia ambiental da Ronda de Vigo e os principais enlaces. E dicir, 2 túneles en Matamá e outro no Monte da Serra na zona do Gorgoso.
Asemade no plano da Serie 0 Usos – Estructura Xeral e Orgánica do Territorio, folla nº2, escala1/15.000 non apréciase o túnel na zona da Madroa que enumera no Estudio de Sostibilidade Ambiental, Impacto Territorial e Paisaxístico no apartado 6.6 Análise da incidencia ambiental da Ronda de Vigo e os principais enlaces.
O PXOM parece non ser coherente cos obxectivos de sostibilidade no referinte a Ronda de Vigo, posto, que constitúe unha peza fundamental na estructura funcional do plan, e se concibe como unha vía de alta capacidade pero de tráfico urbano, sería recomendable concreta-las condicións de accesibilidade urbana das beiras da vía co fin de garanti-la funcionalidade pretendida, ademais en coherencia cos obxectivos de sostibilidade que a respecto da mobilidade conten o Estudio de Sostibilidade Ambiental, Impacto Territorial e Paisaxístico, estudiando e detallando no seu caso as distintas posibilidades e casuísticas da súa sección e das posibilidades de acceso e de aparcamento de dita vía.
No Estudio de Sostibilidade Ambiental, Impacto Territorial e Paisaxístico no apartado 4.2 Unidades Ambientais descríbense un número moi baixo de Unidades ambientais (14) para a variedade existente no conxunto do territorio municipal. Non parece moi axeitado que o eucalipto e o piñeiro estean dentro da mesma unidade ambiental:
Unidade nº 7= Eucaliptos e piñeiros
Unidade nº 8 =Eucalipto piñeiro e caducifolia
Con isto infravalora as cualidades e potencialidade ambiental dos terreos rurais abrindo a porta a súa transformación urbana, mediante a súa desprotección ambiental promovida a través do cambio de clasificación do solo.
No estudio de Sostibilidade Ambiental Impacto Territorial e Paisaxístico deberíase contrastar as valoracións coas actuacións, ben de infraestructuras como de desenvolvemento dalgún dos ámbitos de solo urbanizable que se atopan sobe terreos que poderían ter que someterse á oportuna protección ou supoñer unha maior incidencia medioambiental ou paisaxística, e que en consecuencia fai necesario que ou ben se revisen as correspondentes determinacións ou se establezan medidas correctoras concretas.
Un exemplo podería ser o Monte do Gorgoso que clasifícase no apartado 4.2.3 Cartografía das unidades ambientais como unidade 8= Eucalipto piñeiro e caducifolias e como unha unidade ambiental de valor alto no apartado 5.2.6. Cartografía de valor global das unidades ambientais, sen embargo pertence a súelo urbanizable con afección dun Sistema Xeral Viario Especial (SVE- Ronda)(cabe destacar que no Plan Xeral do 1993 a súa clasificación era urbanizable non delimitado cun informe favorable de Medio Ambiente dos valores medio ambientais do curso fluvial e zonas de ribeira que transcorren polo mesmo ámbito, para a súa transformación como rústico de protección especial).
No Tomo V do Estudio Económico e Financeiro, no apartado 1: A Base Económica do Municipio e da Area Funcional como xustificadora das opcións de desenvolvemento urbanístico (pag. 7-20) fundamenta o aumento demográfico en base a dous escenarios decenais (2002-2012):
1.-en base ó comportamento natural demográfico ( 1.400habitantes)
2.-en base ó incremento de traballo localizado.
Establécese no segundo caso dúas hipóteses:
- unha para acadar a T.O.E. de converxencia (Tasa de Ocupación Específica) (40.700habitantes)
- e a outra en base a crecementos anuais (6.000habitantes).
Cada un destes parámetros reflicte unha necesidade diferente do número de vivendas. Estes datos demográficos entran en conflicto cos prantexados nos estudios demográficos por organismos oficiais coma o I.N.E e o I.G.E.
O Pxom, inda recoñecendo que o escenario para acadar a T.O.E. “ é difícil de manter durante un decenio” outórgalle a máxima veracidade, sendo este escenario hipotético o utilizado para os cálculos do decenio e previsión futurista ate o 2030. O Pxom non aclara nin menciona que factores, parámetros ou datos toma en consideración para establecer as súas previsións idealistas e futuristas dende o 2012 ó 2030.
Segundo o escenario hipotético futurista do Pxom se constata uso arbitrario do Ratio habitacional posto que da por válido para a actualidade o Ratio 2,45 , sin descontar as segundas residencias comparando cun Ratio da previsión 2,16, descontados as segundas residencias. No Ratio da previsión establece a suma total de habitantes e vivendas da actualidade e previsión, inflando así dito Ratio.
Tomando en conta o Ratio de previsión calculado no Informe con datos do Pxom, para os novos habitantes e vivendas é 0,81, o que denota unha clara desocupación habitacional, más aínda se temos en conta os datos do I.G.E.
No Tomo V do Estudio Económico e Financeiro, no apartado 1: A Base Económica do Municipio e da Area Funcional como xustificadora das opcións de desenvolvemento urbanístico parece non ter en conta:
-A finalización do boom inmobiliario.
-A tendencia actual ó transvase migratorio ás poboacións satélite.
- -
- O endurecemento da Lei de Extranxería.
- -
- O relevo xeracional ó baby-boom.
- -
- A finalización da afloración da economía somerxida.
- -
- O saldo migratorio, olvidando á emigración autóctona.
- -
- Os datos arroxados polo I.N.E e o I.G.E.
O crecemento poboacional e as determinacións asociadas o PXOM no respectan o modelo de sostibilidade e utilización racional dos recursos. As prediccións demográficas do PXOM afectan a racionalidade do propio instrumento de ordenación, por canto todas as previsións de calificación do solo, asignación dos usos, reservas de equipamentos, trazado de sistemas xerais viarios, etc..., que baséanse en ditas prediccións demográficas parecen carecen de rigor.
Estas expectativas demográficas tan extremas provocan dunha maneira radical a modificación do tamaño e edificabilidade da cidade de Vigo e o seu entorno, o crecemento desproporcionado que se prantexa a costa dun esforzo económico que podería hipotecar as arcas municipais a longo prazo e a costa do sacrificio ambiental do territorio municipal, podería non cumprise.
No Estudio de Sostibilidade Ambiental, Impacto Territorial e Paisaxístico no apartado 2.4.2. A rede Fluvial, identifica os principais ríos e regatos, nomeando o río Eifonso como rego principal, entre outros, do río Lagares ( principal río do Concello) e cun tributario principal, ó regato de Riomao que ten unha pequena fervenza no seu curso alto.
Tamén no apartado 8.2. Unidades paisaxísticas identifica como U.P. nº 13 o Val do Eifonso-Carballal, dándolle unha singularidade de valor total de 4 sobre 5, unha diversidade de valor final de 2 sobre 5 e unha naturalidade de valor final de 3 sobre 5, facendo todo isto que acade unha clasificación de calidade MEDIA.
Pero non se fai ningunha mención no Estudio de Sostibilidade Ambiental, Impacto Territorial e Paisaxístico do espacio do río Eifonso, referente o trazado viario da nova autovIa Vigo-Porriño, que o afecta.
No Estudio de Sostibilidade Ambiental, Impacto Territorial e Paisaxístico no apartado 2.4.3. Os humidais, identifica A lagoa Mol como lagoa artificiada na parte alta do lagares preto do seu nacemento, no seu paso polo campo de golf, a cal vese afectada polo plan da Ampliación do Aeroporto.
Pero non se fai ningunha mención no Estudio de Sostibilidade Ambiental, Impacto Territorial e Paisaxístico do impacto que a Ampliación do Aeroporto lle suporía.