18 enero, 2007

Nuestro Informe, capítulo 2

Continuamos con la exposición de nuestro informe. Esta que sigue es la segunda parte, relacionada con el uso indebido que se hace de la calificación del suelo. Hala, a disfrutar, que os váis a hartar de lo buenos que son nuestros políticos, sólo falta que consoliden algún patatal.


Observase a aparición de pezas de solo urbano consolidado a modo de illas completamente desligadas da malla urbana 1.1 (cidade espallada) polo tanto non se comprende como zonas propias da malla urbana non se consideran como urbano consolidado 1.2.


zonas propias da malla urbana non se consideran como urbano consolidado 1.2.

A ordenación das zoas periféricas, chamadas a “cidade espallada” no Plan, entendese que ven condicionada en exceso polas preexistencias. Compartindo a necesidade de ter en conta as preexistencias para mellorar a calidade de vida en todas as zoas da cidade, deberíase valorar e xustificar mais detalladamente as situacións en que se opta por consolidar as preexistencias, e as situacións en que se fai necesario políticas de reforma interior.

SOLO DE NUCLEO RURAL .

Art. 13º: Solo de núcleo rural

1 Constitúen o solo de núcleo rural os terreos que serven de soporte a un asentamento de poboación singularizado en función das súas características morfolóxicas, tipoloxía tradicional das edificacións, vinculación coa explotación racional dos recursos naturais ou de circunstancias doutra índole que manifesten a imbricación racional do núcleo co medio físico onde se sitúa e que figuren diferenciados administrativamente nos censos e padróns oficiais, así como as áreas de expansión ou crecemento destes asentamentos.

2 O planeamento urbanístico deberá realizar unha análise detallada da formación e evolución dos asentamentos, das súas peculiaridades urbanísticas, morfolóxicas, do seu grao de consolidación pola edificación e das súas expectativas de desenvolvemento, así como das tipoloxías edificatorias, forma dos ocos e das cubertas, e características dos materiais, cores e formas constructivas empregadas nas edificacións e construccións tradicionais de cada asentamento.

3 O planeamento delimitará o ámbito dos núcleos rurais atendendo a proximidade das edificacións, os lazos de relación e coherencia entre lugares dun mesmo asentamento con topónimo diferenciado, a morfoloxía e tipoloxías propias dos ditos asentamentos e da área xeográfica en que se atopan (casal, lugar, aldea, rueiro ou outro), de modo que o ámbito delimitado presente unha consolidación pola edificación de, como mínimo, o 50 %, de acordo coa ordenación proposta e trazando unha liña perimetral que encerre as edificacións tradicionais do asentamento seguindo o parcelario e as pegadas físicas existentes (camiños, ríos, regatos, cómaros e outros) e, como máximo, a 50 metros das ditas edificacións tradicionais. Igualmente delimitará a área de expansión dos ditos núcleos, de acordo cos criterios de crecemento que o planeamento urbanístico prevexa. A dita área estará comprendida polos terreos delimitados por unha liña poligonal paralela á de circunscrición do núcleo existente e como máximo a 200 metros lineais dela sen que, en ningún caso, poida afectar a solo rústico especialmente protexido. Os núcleos rurais situados na franxa de 200 metros desde o límite interior da ribeira do mar non poderán ser ampliados en dirección ó mar agás nos casos excepcionais nos que o Consello da Xunta o autorice expresamente, pola especial configuración da zona costeira onde se atopen ou por motivos xustificados de interese público, xustificando a necesidade da iniciativa, a oportunidade e a súa conveniencia en relación co interese xeral.

A aparición de pezas de solo urbano a modo de illas desligadas do resto da malla contradícese coa aparición de núcleos que se clasifican como solo de núcleo rural por atoparse desligados do entramado existente (malla).

Un bo exemplo disto será a clasificación de súelo de núcleo rural ó núcleo de Bembrive sen embargo a zonas como Valadares que está totalmente desvinculada da malla a clasifica como solo urbano. E salientable reseñar que o municipio de Vigo destacaba por estar composto no seu redor por gran cantidade de núcleos rurais, o cal coa vixente clasificación do solo desaparece, ademais esta clasificación segundo a Memoria do Plan está baseada nas preexistencias, cousa que se pon en dúbida.

Núcleo rural de Bembrive

Suelo urbano en Valadares

SOLO URBANIZABLE .

Artigo 14. Solo urbanizable.

1 Constituirán o solo urbanizable os terreos que non teñan a condición de solo urbano, de núcleo rural, nin rústico e poidan ser obxecto de transformación urbanística nos termos establecidos nesta lei.

2 No solo urbanizable o plan xeral diferenciará dúas categorías: a) Solo urbanizable delimitado ou inmediato, que é o comprendido en sectores delimitados que teñan establecidos os prazos de execución e as condicións para a súa transformación e desenvolvemento urbanístico. b) Solo urbanizable non-delimitado ou diferido, integrado polos demais terreos que o plan xeral clasifique como solo urbanizable.

Respecto o vixente plan, aprobado no ano 1993, o novo documento consolida cambios na clasificación que afectan o solo rústico que se converte en solo urbanizable e mesmo en solo urbano, ditos cambios carecen na meirande maioría de motivación específica. Un exemplo de isto son as seguintes areas.

O sector S-04-R Figueiro, que no PXOU do 1993 era solo rústico de protección forestal.

S-04-R Figueiro


Figueiro Plano escala 1/2.000 da PXOM 1993 ( SNU 4 )

Aínda mais salientable é o exemplo de o sector S-32-R Gorgoso, urbanizable no delimitado cun informe favorable de Medio Ambiente dos valores medio ambientais do curso fluvial e zonas de ribeira que transcorren polo mesmo ámbito, para a súa transformación como rústico de protección especial.

Monte do GORGOSO ( S-32-R) Plano da serie 01 escala 1/5.000 nº 11


Monte do GORGOSO Plano escala 1/2.000 da PXOM 1993 ( SNUP )



SOLO RÚSTICO .

Artigo 15. Solo rústico.

Constituirán o solo rústico os terreos que deban ser preservados dos procesos de desenvolvemento urbanístico e, en todo caso, os seguintes:

a) Os terreos sometidos a un réxime específico de protección incompatible coa súa urbanización, de conformidade coa lexislación de ordenación do territorio ou coa normativa reguladora do dominio público, as costas, o medio ambiente, o patrimonio cultural, as infraestruturas e doutros sectores que xustifiquen a necesidade de protección.

b) Os terreos que, sen estaren incluídos entre os anteriores, presenten relevantes valores naturais, ambientais, paisaxísticos, produtivos, históricos, arqueolóxicos, culturais, científicos, educativos, recreativos ou outros que os fagan merecedores de protección ou cun aproveitamento que deba someterse a limitacións específicas.

c) Os terreos que, tendo sufrido unha degradación dos valores enunciados no apartado anterior, deban protexerse a fin de facilitar eventuais actuacións de recuperación dos ditos valores. d) Os terreos ameazados por riscos naturais ou tecnolóxicos, incompatibles coa súa urbanización, tales como inundación, erosión, afundimento, incendio, contaminación ou calquera outro tipo de catástrofes, ou que simplemente perturben o medio ambiente ou a seguridade e saúde.

e) Os terreos que o plan xeral ou os instrumentos de ordenación do territorio consideren inadecuados para o desenvolvemento urbanístico en consideración aos principios de utilización racional dos recursos naturais ou de desenvolvemento sustentábel

A vista do disposto no art.32.3 da Lei 9/2002 compre aclara-la categoría de solo rústico aplicable naquelas zonas onde se superpoñen dúas categorías, como ocorre especialmente coas areas de protección de augas, e as zonas vencelladas as infraestructuras (zona limítrofe APR A-8-39 Alvarez Cabral AOD) .O certo é, que o feito de atoparse un solo unicamente na categoría de SRPEN pode invalidar posteriormente a construcción da infraestructura como se indica no art. 39.2 “usos autorizables pola Comunidade Autónoma” :

“ Os relacionados no apartado 1,letra a, e no apartado 2, letras e, f e l,do artigo 33 desta Lei, así como as actividades vinculadas directamente coa conservación, utilización e desfrute do medio natural, e os que se poidan establecer a través dos instrumentos previstos na lexislación de ordenación do territorio, sempre que non impliquen a transformación da súa natureza rústica e quede garantida a integridade dos valores obxecto de protección.”

Zona limítrofe APR A-8-39 Alvarez Cabral AOD




Final da Autovía Vigo-Porriño, Beade

Respecto do réxime de usos establecidos para o solo rústico de protección agrario­paisaxístico, entendendo que se trata dunha superposición de réximes (art.32.3), debe axustarse as maiores limitacións que corresponda, así non poden ser autorizables os usos descritos no art. 33.2 a) da Lei, pois se trata de usos prohibidos en solo de protección paisaxística (art. 39 da Lei ).

Artigo 33 Usos e actividades en solo rústico:


2. Actividades e usos constructivos:

  • a) Construccións e instalacións agrícolas, tales como as destinadas o apoio das explotacións hortícolas, almacéns agrícolas, viveiros e invernadoiros.”