15 enero, 2007

Nuestro Informe: Capítulo 1

Pues, como lo prometido es deuda, este es nuestro informe. Va dedicado a los que piensan, unas veces con buena fe y otras no tanto, que no tenemos argumentos y criterios propios para decir que este plan es ilegal.

También va dedicado a la Xunta, que tiene que tomar la decisión de aprobarlo o no. Y también va dedicado a los futuros "alcaldables" de Vigo: Que vean que no somos una chusma desorganizada y que no crean que no sabemos de lo que estamos hablando, que no vamos a permitir este atropello. Esperamos que aquellos que se han opuesto lo sigan haciendo, como han prometido. Si no es así, y esta vergüenza de plan se aprueba, pondremos un contencioso administrativo contra él, pues tenemos argumentos, como se puede comprobar aquí. Vigo necesita un Plan, pero no éste.

Este es el primer capítulo de nuestro informe, en el que se habla de la arbitrariedad que ha tenido el Concello a la hora de decidir qué es suelo consolidado y qué no. Lo consolidado está sombreado de gris. Lo blanco es donde los promotores pueden actuar, comprando el 51% de la superficie de los APR, nos pueden expropiar al resto.

Así pues, empezamos la publicación:



1. CLASIFICACIÓN DO SOLO.

A clasificación do solo é, no marco legal vixente, unha determinación fundamental do plan, así a clasificación proposta por o PXOM non se axusta ós requisitos que establece la lei 9/2002 no seus artigos 11º, 13º, 14º e 15º, a continuación vanse estudiar algúns exemplos:

SOLO URBANO .

Art. 11º: Solo urbano

1. Os plans xerais clasificarán como solo urbano, incluíndoos na delimitación que para tal efecto establezan, os terreos que estean integrados na malla urbana existente sempre que reúnan algún dos seguintes requisitos: a) Que conten con acceso rodado público e cos servizos de abastecemento de auga, evacuación de augas residuais e subministración de enerxía eléctrica, proporcionados mediante as correspondentes redes públicas con características adecuadas para servir á edificación existente e á permitida polo planeamento.

Para estes efectos, os servizos construídos para a conexión dun sector de solo urbanizábel, as vías perimetrais dos núcleos urbanos, as vías de comunicación entre núcleos, as estradas e as vías da concentración parcelaria non servirán de soporte para a clasificación como urbanos dos terreos adxacentes, agás cando estean integrados na malla urbana.

b) Que, aínda carecendo dalgúns dos servizos citados no apartado anterior, estean comprendidos en áreas ocupadas pola edificación, como mínimo nas dúas terceiras partes dos espazos aptos para ela, segundo a ordenación que o plan xeral estableza.

2. Para os efectos desta lei considéranse incluídos na malla urbana os terreos dos núcleos de poboación que dispoñan dunha urbanización básica constituída por unhas vías perimetrais e unhas redes de servizos das que poidan servirse os terreos e que estes, pola súa situación, non estean desligados do urdido urbanístico xa existente.

Observase que a terreos que se atopan en situacións aparentemente idénticas se lles outorgue diferentes clasificacións. Así os art.. 101.2 Lei de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia( LOUGA) 57.3 do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, aprobado polo R.D. 1346/1976 de 9 de Abril (L.S. 76) di literalmente:

“Serán nulas de pleno derecho las reservas de dispensación que se contuvieren en los planes u ordenanzas, así como las que, con independencia de éllos, se concedesen”.

Do texto de ditos artigos desprendese que a Administración non pode realizar distincións arbitrarias na aplicación da normativa urbanística ao aprobar un plan xeral de ordenación municipal. De maneira que resultarían nulas de pleno dereito as reservas de dispensación que se conteñan nos plans xerais.

Móstrase algúns dos múltiples casos nos que se aprecia o anterior descrito:

Solos urbanos consolidados a modo de illas









Sólo Urbán Non consolidado a modo de illa:
A igualdade de situación, distinta clasificación:







Zona sen clasificación: