02 enero, 2007

La democracia del PP en Vigo

Empieza el año y nosotros seguimos siendo fieles a nuestro blog y vigilando de cerca las andanzas de los políticos de esta nuestra ciudad, pues aunque somos los del cinturón rural, sentimos la ciudad tan nuestra como la de cualquier otro vigués, a pesar de lo olvidados que estamos y de la tropelía que se pretende hacer en nuestros barrios con el PXOM.
Publicamos hoy un comunicado de Alternativa Veciñal en el que se denuncia la persecución que sufrimos los que nos oponemos al PXOM. En esta ocasión, les ha tocado a ellos, a una asociación de la que formamos parte en su día y de la que nos desvinculamos, porque entendemos la lucha contra este desaguisado de otra manera. No obstante, sus fines son los mismos que los nuestros, perseguimos lo mismo y, por solidaridad y porque, aunque ellos no nos nombran nunca, nosotros creemos en aquello de arrieros somos y en el mundo... pues publicamos este comunicado y lo hacemos nuestro:

O GOBERNO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR, NON ENTENDE DE DEMOCRACIA.
.
A POLICÍA LOCAL DE VIGO, NUNCA ENTENDEU QUE ESTÁN AO SERVIZO DA CIDADANIA, E DA DEMOCRACIA.

A policía local impide recoller sinaturas contra o Plan Xeral
.
Os colectivos informaran por escrito previamente ao Concello
.
O PP opta pola dureza en vésperas de que a Xunta decida se aproba o texto urbanístico e salta polo aire a democracia
.
En plena etapa de distensión tras anos de polémica urbanística o goberno municipal do PP optou onte por unha exhibición de forza. Seis axentes municipais que declararon cumprir ordes do concelleiro de Seguridade (O chamado Sr. Coello) impediron a Outro Vigo é Posible (OVEP) e Alternativa Veciñal (AV), recoller na rúa do Príncipe sinaturas en contra da aprobación do Plan Xeral, manifesto que se lle enviará ao presidente da Xunta no mes de Xaneiro próximo.
A asociación comunicara ao Concello o 14 de decembro a súa intención de realizar a recolleita de sinaturas. Sen problema algún instalouse unha carpa e varias infografías e unha mesa fronte o Marco entre as datas do 19 e o 22 de decembro. Esta semana reiniciouse o acto de recolleita de sinaturas o martes 26 de decembro, sempre polas tardes entre as 18 e as 20,30 horas. O mércores axentes municipais comunicáronnos que careciamos de permiso e onte finalmente a policía Local nos instó a paralizar a recolleita de sinaturas e desmontar todos o existente e se non, eles mesmos o desmontarian.
Os intentos de buscar unha solución por parte de OVEP e de Alternativa Veciñal foron infrutuosos. Os axentes non aceptaron a exhibición das pancartas e infografías finalmente tivemos que desistir. A única opción que recibimos foi que presentaramos un escrito por rexistro ao día seguinte.


A decisión dos responsables municipais do Partido Popular choca coa mantida durante os últimos anos. As protestas de numerosos colectivos opostos ao Plan Xeral foron consentidos polo PP a fin de non crispar aínda máis unha situación que alcanzou notable tensión en diversos momentos.
A represión está na rúa, o Partido Popular e a Policía Local de Vigo, non esquecen tempos pasados de mando e ordeno, saltando polo aire a democracia e a liberdade.



Vigo, 29 de Decembro de 2006





http://alternativavecinalvigo.blogspot.com/